No contexto actual dunha realidade social complexa onde dende Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol acompañamos a aquelas persoas cuxos dereitos humanos están sendo vulnerados, a nosa misión encádrase en facer visíbeis ditas situacións e no acompañamento no acceso ao mesmos.
Neste marco, celebramos o día 21 de xuño de 2025 o Día da Caridade (CORPUS), tendo esta data un sentido moi especial para a nosa entidade. Un dos obxectivos de dita campaña é visibilizar aos diferentes colectivos que acompañamos dende os distintos programas da entidade: persoas maiores en situación de soidade, familias e infancias en situación de exclusión social, atención a persoas en situación de sen fogar, acollida e acompañamento nas Cáritas Parroquiais, emprego e formación. Outro dos obxectivos é a captación de fondos para poder facer efectiva a atención aos participantes dos programas. Co lema da campaña institucional deste ano “MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA”, adherímonos á invitación do Papa Francisco neste ano xubilar para reavivar a esperanza no noso mundo a través das nosas comunidades cristianas, as parroquias, UPA, e cantos proxectos e iniciativas desenvolve Cáritas nas dioceses españolas, celebrando a nosa de Mondoñedo-Ferrol, precisamente este ano 2025, o 60º aniversario da súa creación e constitución Como peregrinos de esperanza, os invitamos a ser testemuñas y embaxadores de esperanza, sendo o momento de poñer en valor a fraternidaxe e solidaridade, coa invitación a participar, na zona de Ferrolterra, na IV ANDAINA SOLIDARIA. MEMORIAL CARMELA PRIMO.
A andaina levarase a cabo o sábado 21 de xuño de 2025. Sairemos dende o Cantón de Molíns e a Igrexa de San Nicolás de Neda ás 11 da mañá, percorrendo un tramo do Camiño Inglés duns 7 km aproximadamente que rematará coa xuntanza dos dous grupos na Praza de Galicia, Narón. O
importe do dorsal será de 8 euros, existindo a posibilidade de adquirir un dorsal solidario. Ditos dorsais poderan adquirirse nas diferentes Cáritas Parroquiais do territorio, Centro de Día Gabriel Vázquez Seijas (Rúa Magdalena 221) e no enlace que figura nos carteis que se distribuirán, así
como na web diocesana Desde Cáritas solicitamos e animamos á colaboración da cidadanía, entidades sociais e entes públicos na participación de dita iniciativa solidaria.