26/10/2023

ORIGEN

Co galo da campaña "Ninguén sen fogar", as persoas participantes do Centro de día de persoas sen fogar, nos presentan esta curtametraxe.

 

Un ano máis, coa campaña “Ninguén sen fogar” seguimos xunto ás persoas e familias máis vulnerables, reclamando que se garantan os seus dereitos humanos, que teñan unha vida digna e se sintan parte da comunidade.

Na actualidade, a situación que rodea ás persoa sen fogar segue a estar representada no imaxinario colectivo pola figura do home que vive na rúa, pero dende xa hai uns anos vimos falando da necesidade de recoñecer as novas realidades do senfogarismo como son as mulleres, as persoas mozas e as persoas migrantes que xa supoñen o 35% das persoas acompañadas e que son un reflexo dese senfogarismo oculto que non aparece nas enquisas do INE por non ser usuarios de centros e recursos específicos pero que segue a medrar nas nosas comunidades.  

No caso das mulleres, estas contan cunha rede social máis ampla e lazos familiares máis fortes que lles permiten acceder ou manter formas de aloxamento alternativas para evitar a rúa sendo forzadas en moitos casos soportar problemas de violencia e precariedade durante longos períodos de tempo para manterse na vivenda na que están.   Especialmente preocupante é o caso das mulleres que teñen fillos e fillas dependentes.

No centro de día para persoas sen fogar, no que vai de ano atendemos a 576 persoas, o que supón un incremento do 30% con respecto a cifras do ano pasado nas mesmas datas. Un  69% das persoas son homes, pero cada ano o número de mulleres aumenta alarmantemente. Así o confirma o estudo que ven de publicar Cáritas española sobre mulleres sen fogar en España atendidas por Cáritas. Neste estudo, no que participou coa súa testemuña unha das mulleres acompañadas polo programa de persoas sen fogar de Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol, aborda a doble estigmatización que sofren, por ser muller e por atoparse sen fogar. As mulleres viven con moita intensidade a dureza, violencia e desprotección que supón a rúa. No estudo transmiten, entre outras cousas, como se sinten abandonadas e separadas da sociedade: “somos invisibles” ou “sentímonos fóra de todo»

O senfogarismo é a representación máis extrema da exclusión social, pero centrarnos só na falta de vivenda ou pobreza material  impide que vexamos a vulneración de Dereitos que sofren as persoas que se atopan nesta situación. Derechos que sufre la persona que  se encuentra en esta situación. O senfogarismo tamen é a falta de participación social, o illamento, a falta de redes de apoio, a falta de acceso ao sistema sanitario e a un traballo digno. O senfogarismo é a constatación dun muro co que se atopan os colectivos máis  vulnerables a padecer a exclusión social (desempregados de longa duración, persoas con problemas de saúde mental, persoas migrantes, persoas mozas sen cualificación…).

Origen

Co galo da campaña vimos de celebrar o día máis significativo coa presentación da curtametraxe “Origen”, unha ficción baseada en feitos reales guionizada e gravada polas persoas participantes do centro de día para persoas sen fogar coa axuda de Catu Martínez. Esta é unha clara aposta por promover a participación das persoas acompañadas, os/as verdadeiras protagonistas, nos actos de protesta e sensibilización.