21/03/2023

Ecoloxía integral, que podemos facer?

O pasado día 18 de marzo tivemos un taller sobre ecoloxía integral polo día da Misericordia.

Fixemos un pequeno resumo a modo de introducción da encíclica do Papa Laudato si’.

A ecoloxía era a irmá que faltaba dentro da Igrexa e o Papa Francisco falou dela grazas a esta encíclica.

Francisco equipara a ecoloxía ca xustiza social, para el é tan grave perder unha especie animal ou vexetal como perder unha cultura ou lingua.

A encíclica pode considerarse como anticapitalista, pois os seus valores non coinciden cos nosos. Pensamos máis en producir para consumir e así non respetamos os recursos naturais, cada vez máis industrias contaminantes etc. Somos simplemente consumistas.

Sin embargo non debemos perder a esperanza, o corazón humano por moi malo e perverso que sexa, sempre se pode converter e acabar respetando o medio ambiente, é dicir a ecoloxía. Tamén educando ás xeracións máis novas. Estes son o futuro. Esa é outra esperanza que temos que ter, cas xeracións vindeiras. 

Que é a ecoloxía integral?. Nosoutros vivimos dalgunha forma integrados na ecoloxía ( medio ambiente ), pois necesitamos aire, auga, recursos naturais  para vivir…., mesmo si vivimos na cidade, pois tamén están integradas no medio.

Podemos tres grandes resistencias ou tentacións ca ecoloxía. A primeira pensar que a ecoloxía é algo etéreo, é dicir, pensar que non vai con nosoutros, para que vamos a actuar si todo está ben. Fai sol, chove…

A segunda que os plazos da ecoloxía son moi lentos con respecto á vida dunha persoa. Este ano choveu moito non hai tal cambio climático. Mentira, hai que actuar xa.

A terceira é que podo facer eu?. Quedarme quieto, aquí non pasa nada. Non!!, temos que concienciarnos.

Fala tamén da espiritualidade Ignaciana. S. Ignacio dicía que tiñamos que ter os ollos abertos, ver o que temos arredor. Unha vez visto é tomar unha decisión, cambiar o noso corazón para poder discernir o que temos que facer. E por último, buscar a raíz das causas, neste caso o corazón humano.

Unha vez visto este resumo, pasamos unha fotos dun vertedoiro incontrolado en Mondoñedo. Que temos que facer?. Pois avisar ó concello que recolla estes materiais tirados. Tamén pasamos unha foto con moitos eucaliptos. Non se trata de non plantar, pero si restrinxir un pouquiño, sobre todo respetar os cauces dos ríos, deixar que medre a vexetación de riberia (amieiros, bidueiros, salguieros…), esta vexetación tén vermes nas súas follas que caen ás augas e alimentan as troitas, tamén estabilizan as marxes dos cauces, cousa que non fan os eucaliptos. Tamén falamos de que eu como garda de medio ambiente si vexo un pescador con cuarenta troitas pequenas,(cando o cupo por pescador e día son seis, catro en algún caso). Fixemos a pregunta de si esto estaría ben. A resposta é non, claro.

Con estes pequenos exemplos da vida cotidiana de cada un de nosoutros, descubrimos que podíamos facer pola ecoloxía, polo noso medio. Non fai falta ser presidente dun goberno ou ministro. Estes poderían facer grandes cousas, pero nosoutros con pequenos xestiños diarios tamén podemos facer moito. Non temos porque chegar lugares moi lonxanos.

Gustoume moito a participación da xente. Todo o mundo estivo moi atento. Sentinme moi  contento e realizado. Espero que a miña pequena e humilde charla servira de algo. Un saúdo para tod@s.