24/09/2023

Alborada

 

O venres 22 celebrouse na Domus un encontro de persoal técnico e voluntario que acompaña a persoas reclusas da Diocese de Mondoñedo-Ferrol e da Arquidiocese de Santiago de Compostela. A xornada marca o inicio do proxecto Alborada, consistente na posta en marcha dunha vivenda en Ferrol para que persoas reclusas sen recursos nin redes de apoio poidan desfrutar dos seus permisos de segundo grao.

Ademáis de un aloxamento, as persoas que accedan á vivienda contarán con acompañamento  técnico e social que posibiliten complementar o traballo de reeducación e reinserción dentro do centro penitenciario. Por tanto, plantéxanse actividades deportivas e de lecer, apoio psicolóxico, apoio na xestión de trámites e cápsulas formativas en competencias dixitais ou habilidades sociais.

Tamén é fundamental a dimensión comunitaria do proxecto e, de aí o gran valor e papel do voluntariado, como xerador de vínculos e integración no territorio. O proxecto, que se ubica en  Canido, pretende beber da rica vida social e cultural do barrio, aproveitando os seus recursos e redes.

Na sesión do venres, as persoas voluntarias do proxecto Alborada pudieron compartir expectativas, dúbidas, esperanzas e ilusións da súa nova andaina co voluntariado do recurso da Coruña, que xa ten un longo percorrido. O encontró finalizou cunha visita ao piso que Cáritas diocesana de Mondoñedo -Ferrol poñerá en marcha para acoller a persoas reclusas con permiso de segundo grado.