Agenda

Mesa redonda sobre a presenza da Igrexa nos acontecementos do 72 en Ferrol e Vigo

O 26 de maio, ás 19:30 horas, se celebrará no Ateneo Ferrolán unha mesa redonda sobre "a presenza da Igrexa nos acontecementos do 72 en Ferrol e Vigo"

A celebración do 50º aniversario das mobilizacións obreiras do ano 1972 nas comarcas de Ferrol e Vigo, supón unha oportunidade para a reflexión sobre o papel que desempeñou a Igrexa nese contexto sociopolítico na defensa e procura dunhas condicións dignas no traballo, así como en qué medida esa parte da nosa historia condiciona a nosa realidade actual no mundo das relacións laborais
 
Co propósito de afondar nos feitos pasados pero en clave de presente, a iniciativa «Igrexa polo Traballo Decente» (ITD) na Diocese de Mondoñedo-Ferrol, organiza unha mesa redonda para o xoves 26 de maio, ás 19:30 horas, no salón de actos do Ateneo Ferrolán, sendo un acto aberto a toda a cidadanía
 
Ponentes:
– Xaquín Campo Freire (cura)
– Anxo Ferreiro Currás (ex-cura)
– Antón Pérez Vázquez (docente)