O Programa de Acollida leva a cabo a primeira sesión dos Proxectos “A Carón” e “Mesturas”
Este obradoiro enmárcase dentro dunha formación continua que ten como obxectivo principal facilitar a inserción social das persoas.
O pasado 27 de outubro de 2020, o Programa de Acollida de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo levou a cabo o primeiro obradoiro dos Proxectos “A Carón” e “Mesturas”, ambos subvencionados pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social Dirección Xeral de Inclusión Social e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020). DOG nº 90 do 11 de maio de 2020.
Nestas primeiras sesións, ás que asistiron un total de 15 participantes (8 persoas no taller correspondente a “Mesturas” e 7 no correspondente a “A Carón”), tiñan como obxectivo dar a coñecer a entidade e as súas liñas de traballo, ademais de explicar en qué consiste o proxecto do que van a formar parte e a metodoloxía que se vai a empregar ao longo das sesións que o compoñen.
A metodoloxía que se utilizou nos talleres foi principalmente participativa, expoñendo a información de forma didáctica e invitando ós participantes ó debate e a manifestar as súas opinións, ideas e suxerencias. Ao rematar a sesión, tódolos participantes avaliaron a sesión a través dunha enquisa que se lle proporcionou.
Este obradoiro enmarcase dentro dunha formación continua que ten como obxectivo principal facilitar a inserción social das persoas e que consta de un total de 4 sesións:
- Sesión Informativa en grupo, historia da cidade e recursos do entorno.
- Superando a Brecha Dixital. Xestións básicas en internet.
- Uso e abuso de novas tecnoloxías.
- Lexislación de Estranxeiría.