Begoña: «Estou sorprendida, estades a facer unha labor incrible»
Begoña, participante do Obradoiro sobre recursos da Contorna dentro do proxecto de Inclusión Social "A Carón", cóntanos a súa experiencia neste espazo de encontros.
Como vimos sinalando en anteriores artigos, dende o equipo de Inclusión desta Cáritas Diocesana estanse a desenvolver diferentes obradoiros como parte dun novo deseño de itinerario dos proxectos de Inclusión Social, cofinanciados polo Fondo Social Europeo a través da Xunta de Galicia. Neste caso vimos a falar acerca do Obradoiro sobre Recursos da Contorna, sendo a súa primeira entrega o 11 de decembro do 2020, na parroquia do Sagrado Corazón de Xesús.
O principal obxectivo deste obradoiro é facilitar que as personas que atendemos estean contextualizadas no medio no que se atopan e coñezan os dereitos e recursos dispoñibles. De xeito introductorio trabállanse cuestión xeográficas, a evolución histórica da cidade, as costumes e tradicións locais e autonómicas, ou temas como o papel da muller na historia de Vigo. Como eixo principal do obradoiro trátase todo o relacionado coas entidades e recursos da Administración pública e privada, dende o plano local ata o nacional. Atendendo especialmente os servizos, trámites e implicacións de cada unha das entidades, independentemente da súa titularidad. Facilítase a aclaración de dúbidas, a posta en común de vivenzas persoais e os espazos de diálogo entre os participantes.
Trátase dun espazo de encontro entre nacionais e extranxeiros onde, ademáis de procurar o acceso e bo uso dos recursos dispoñibles, promóvense experiencias interculturais e a posta en común das diferentes realidades sociais.
Para o equipo, o éxito destes obradoiros é medible na valoración e testemuña das persoas participantes. Por isto, hoxe falamos con Begoña, española de 55 anos que participa nun dos itinerario do proxecto de Inclusión Social «A Carón».
- Begoña, ¿qué foi o que máis te gustou do obradoiro sobre recursos?
Sinceramente todo, pareceume moi entretido, foi a grupal que máis me gustou de todas. Encantoume cómo trasmitístedes a información; a persoa que impartiu o obradoiro, o contido, o material, etc., todo estaba moi ben deseñado.
- ¿Consideras que a túa participación no obradoiro aportouche algo a nivel persoal?
Por suposto. Había moitas cousas que non sabía. Sorprendeume a historia da cidade de Vigo e dos seus persoaxes, aínda que leve toda a vida aquí, non tiña idea de nada diso. Nunca precisei pedir axuda a ningunha ONG, sempre traballei e tiven autonomía económica. Tampouco tramitei nunca axudas, polo que foi de moita utilidade a información e as recomendacións.
¿Cómo foi a túa vivencia en relación á diversidade cultural dos participantes?
Gústame compartir experiencias con persoas doutros países e aprender dos demáis. Sentinme moi cómoda no obradoiro. Eu traballei moitos anos en Canarias, meus compañeiros de traballo eran latinos, con eles aprendín a respetar outras culturas e xeitos de vida. Hai que respetar as persoas por cómo son e cómo se comportan convosco, non por onde veñen.
- De ser o caso, ¿Qué mellorarías das sesión grupais?
Nada, de verdade, e que vexo que o estades a facer moi ben. Para mín tedes un dez. E que eu anteriormente non coñecía ben o voso traballo, e estou sorprendida, estades a facer unha labor incrible.
- ¿Asistirías a outros obradoiros enmarcados no proxecto?
Sen dúbida, sempre que poida quero que me avisedes e participar. O saber non ocupa lugar e nestas grupais aprendín moitas cousas novas e ademáis entretinme e o pasei ben.
Consellería de Política Social Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020. DOG nº 90 do 11 de maio de 2020.