Noticia12/08/2022

Cáritas traballa por mellorar as situacións de desvantaxe social de mulleres en situación de vulnerabilidade

Ata a data de hoxe, as persoas beneficiarias do proxecto Agarimo VII ascenden a un total de 153 mulleres en situación de especial vulnerabilidade, coas que se traballa para mellorar as situacións de desvantaxe social e poder lograr, a súa plena integración social.

O pasado 1 de outubro, a Consellería de Emprego e Igualdade resolvía  favorablemente a nosa solicitude para as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, e que se convocan para o ano 2022 mediante a Secretaría Xeral da Igualdade.

Ata a data de hoxe,  a cifra das mulleres en situación de especial vulnerabilidade que se están beneficiando desta subvención, ascende a un total de 153. O principal obxectivo é cubrir diversas necesidades sociais como son a cobertura de necesidades básicas, ou o apoio nas posibles carencias que se detecten nos distintos ámbitos da persoa, ben sexa social, psicolóxica, legal ou laboral:                     

  • Servizos de orientación e información sobre recursos singularizados, de atención, orientación e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo nas relación con outras entidades, organismos e servizos que faciliten ás persoas usuarias o seu proceso de integración social.
  • Servizo de atención psicolóxica.
  • Servizo de asesoramento xurídico.
  • Servizo ou medidas de orientación laboral e de acompañamento na búsqueda de emprego.
  • Actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias para a mellora da empregabilidade.

A zona de actuación abarcou dende a cidade de Vigo, a súa área metropolitana ata a comarca de Tea-Condado.