Noticia28/01/2021

Cáritas Diocesana de Tui-Vigo continúa cos obradoiros correspondentes á segunda fase dos proxectos A Carón e Mesturas

O obxectivo destes proxectos, subvencionados pola Xunta de Galicia e cofinanciados polo Fondo Social Europeo, é facilitar a inserción social das persoas atendidas.

O pasado 15 de Xaneiro tivo lugar, por segunda vez nesta convocatoria, o Obradoiro de Presentación e Información sobre Cáritas dentro da segunda fase dos proxectos A Carón e Mesturas, ambos subvencionados pola Consellería de Política Social e Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia e cofinanciados polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020. Na Orde de 4 de maio de 2020 se establecen as bases que rexen a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2020, 2021 e 2022).

Ó igual que o que se levou a cabo o pasado mes de novembro, este taller foi o primeiro dunha serie de obradoiros que forman parte da liña marcada por Cáritas Diocesana de Tui-Vigo para unha formación continua sobre temas de actualidade que se consideran básicos para un coñecemento da realidade na que vivimos, un aproveitamento axeitado dos recursos dispoñibles e un desenvolvemento máis acorde nunha sociedade cambiante. Nesta ocasión participaron un total de 4 persoas.

Deste xeito, tras a primeira sesión grupal de presentación da propia entidade realizada en novembro, o 11 de decembro de 2020, levouse a cabo o Obradoiro de Historia da cidade e Recursos do Entorno. Neste taller, na que se mantuvo unha metodoloxía participativa, expuxéronse uns contidos básicos sobre a historia, as personaxes, a xeografía, a economía, a organización administrativa e as entidades e institucións que conforman a rede de sostén cidadá.

Lembramos que os proxectos A Carón e Mesturas teñen como obxectivo principal facilitar a inserción social das persoas atendidas. O primeiro está destinado a persoas nacionais e o segundo a persoas estranxeiras. O seu enfoque principal é o de procurar plena inclusión e a mellora de eido persoal, social, familiar e educativo das persoas participantes, dotando ás mesmas dos recursos e habilidades precisas para fomentar a súa responsabilidade e autonomía.