Acción social12/08/2023

Proxecto de Necesidades Básicas: acollida, información e asesoramento ás persoas en risco de exclusión social

O obxectivo deste proxecto é o de cubrir as necesidades básicas urxentes das persoas principalmente en materia de provisión de alimentación, vestiario, hixiene, equipamento do fogar, vivenda, así como achegas económicas e outros recursos destinados a cubrir necesidades básicas das persoas.

 

 

Hai mais de 50 anos que, dende as diferentes Cáritas Diocesanas, se ofrecen servizos de acollida, información, asesoramento e acompañamento integral para a cobertura de necesidades básicas con carácter de urxencia a persoas e familias en risco de exclusión social.

Sen embargo, co paso dos anos, Cáritas tivo que adaptarse ás diferentes situacións e cambios que foi sufrindo a nosa sociedade, sobre todo ante a urxencia sanitaria, económica e social xerada pola COVID-19.  Foi por isto que, para poder cubrir e adaptarse ás novas necesidades causadas por esta crisis, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo creou un proxecto específico de Necesidades Básicas, integrado no noso programa de acollida, e dentro do programa rexional das Cáritas Galegas.

Dende este proxecto, se acolle, se informa e se asesora as persoas en situación ou risco de exclusión social o u pobreza co obxectivo de cubrir as necesidades básicas urxentes das persoas, principalmente en materia de provisión de alimentación, vestiario, hixiene, equipamento do fogar, vivenda, así como achegas económicas e outros recursos destinados a cubrir necesidades básicas das persoas.

Seguindo a filosofía de traballo da entidade, todas estas acción realízanse dende unha perspectiva integral e comunitaria, tendo en conta as súas posibilidades de promoción e inserción social, por iso, unha gran parte das axudas de alimentación, hixiene e roupa  levouse a cabo mediante a entrega de vales ou tarxetas.

As áreas de actuación desde proxecto, divídense en 3 fases:

  • Acollida e acompañamento: esta fase está composta das entrevistas de acollida, información, orientación e asesoramento sobre os recursos, o apoio no acceso dixital a prestación e recursos, diagnóstico e elaboración de plans de intervención, acompañamento e seguimentos, así como das xestións para a derivación a programas especializados de inserción, propios ou alleos.
  • Atención e cobertura de necesidades básicas: esta parte abarca dende a provisión de axudas de alimentación, de recursos básicos de saúde, hixiene, limpeza, roupa e equipamento do fogar e distribución de produtos básicos, así como as achegas económicas para a cobertura de necesidades básicas de vivenda, saúde, educación, formación, transporte, roupa, etc.
  • Coordinación cos servizos sociais e outros recursos do entorno.

Todo isto é posible grazas ás subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.