» Acompañamos ás comunidades parroquiais e o seu voluntariado no obxectivo de construír unha sociedade distinta e máis xusta»
Sugui, técnico de Cáritas desde máis de 20 anos, cóntanos en qué consiste o Programa de Acción Comunitaria e como se foi adaptando, co paso dos anos, a súa labor ó escenario cambiante da sociedad.
Jose Ángel Iglesias, mais coñecido por todos como Sugui, leva case media vida en Cáritas. O pasado mes de setembro fixo vinte anos que se incorporou coma traballador da entidade, concretamente no Programa de Animación Comunitaria e Voluntariado.
¿En qué consiste o programa de Acción Comunitaria? ¿Cales son os seus aspectos claves?
O programa de Acción Comunitaria consiste en acompañar ás diferentes comunidades parroquiais e o seu voluntariado, co obxectivo de mellorar as cousas e construír unha sociedade distinta e máis xusta.
As claves fundamentais da acción deste programa son a participación das persoas para a transformación do mundo e o coñecemento e ó análise da realidade na que nos topamos. Para isto, é moi importante a colaboración das parroquias e o seu entorno.
¿Cales son é o teu papel dentro do programa?
As miñas funcións son as propias dun técnico de Animación, como son a de animar, motivar, acompañar, e mobilizar a comunidade parroquial, así como todo aquilo que teña que ver cas comunidades parroquiais (actividades, formación, asesoramento, sensibilización, campañas….)
¿Cal foi a evolución do programa nos últimos anos? ¿Qué novidades houberon dentro do programa?
Este programa leva en funcionamento dende a creación de Cáritas Diocesana, en 1970, xa que xunto co Servizo de Acollida é un dos Programas fundamentais. Sen as persoas ás que acompañamos e as persoas voluntarias, deixaríamos de ser Cáritas, xa que son partes esencias da nosa entidade.
Pero, claro está, que o longo do tempo as realidades van cambiando e xorden dificultades e necesidades novas as que debemos dar solución e adaptarnos ca creación de novos programas ou servizos como o programa de emprego, o apoio xurídico, apoio psicolóxico e psiquiátrico, Centro de Atención de Menores, etc…
Ó longo dos anos é moi significativo o aumento de número de parroquias con presenza de Cáritas e acompañadas dende a diocesana.
Nos últimos anos, por diferentes circunstancias económicas e de persoal, tivemos que darlle una volta o noso programa e traballar dunha maneira diferente pero sempre tendo, no centro da nosa misión, as persoas. Adaptámonos as novas realidades que aparecen e para isto tivemos que facer un esforzo adaptando o noso programa formativo e axustándonos os recursos económicos e humanos dos que dispomos.
Dentro das novidades máis importantes, cabe destacar tamén a solicitude ao IRPF de dous proxectos conxuntamente cas Dióceses de Santiago de Compostela e Mondoñedo-Ferrol: un deles chamado EDACFO, para solicitar axudas dirixidas a proxectos formativos do voluntariado no ámbito rural, e outro proxecto é o chamado CON-VIVINDO para subvencionar actividades dirixidas as persoas maiores.
¿Qué dificultades vos encontrástedes para levar a cabo os vosos obxectivos?
Nestes momentos unha das maiores dificultades é poder chegar a todo o territorio da Diócese co persoal que formamos parte do programa. Temos unha lista de espera dunhas 30 parroquias que solicitaron ter presencia de Cáritas e que están pendientes de comezar o proceso de formación.
¿Qué novos obxectivos tendes para o próximo ano?
Os principais obxectivos que temos son:
- Tentar cubrir esas necesidades das que falamos anteriormente elaborando un calendario no que sexa posible dar resposta as parroquias que temos en lista de espera, compartindo procesos de creación e formación conxuntos (interparroquiais ou arciprestais).
- Dar resposta as novas necesidades que están xurdindo nas parroquias, propondo procesos formativos específicos.
- Seguir animando, motivando e acompañando presencialmente as parroquias do noso rural Diocesano.