Acción social31/12/2022

Necesidades básicas, un proxecto para a promoción e inserción social

Dende este programa, a entidade desenvolve os servizos de acollida, información e asesoramento, de acompañamento integral, e de cobertura de necesidades básicas con carácter de urxencia a persoas e familias en situación ou risco de exclusión social.

Dende hai mais de 50 anos, os programas específicos das diferentes Cáritas Diocesanas ofrecen  os servizos de acollida, información, asesoramento e o acompañamento integral para a cobertura de necesidades básicas con carácter de urxencia a persoas e familias en risco de exclusión social.

A situación de extrema urxencia sanitaria, económica e social xerada pola COVID-19, e as múltiples restricións instauradas ó longo destes dous últimos anos provocou que, para seguir prestando o seu apoio, Cáritas tivese que adaptarse a esta nova situación.

A realidade e que,  aínda que as demandas presenciais caeron, o aumento foi moito maior na chegada de solicitudes por teléfono. Tamén se multiplicaron de forma exponencial outras canles de recepción de ditas solicitudes, como as redes sociais, a páxina web ou o correo electrónico.

En canto ao perfil das persoas que asistiron ó longo deste ano á nosa  entidade, na maioría dos casos non se aprecian características sociodemográficas específicas moi diferentes ás das persoas que xa asistiron con anterioridade. O que si aparece como constante é a chegada de xente que nunca estivera en algún programa de Cáritas ou que levaba máis dun ano sen pedir axuda: persoas que sufriron un ERTE e tiveron atrasos no ingreso da prestación,  persoas que traballaban no sector do emprego doméstico e que non teñen dereito á prestación por desemprego, persoas en situación administrativa irregular que quedaron sen ingresos, entre outras situacións.

Ante esta situación, en Cáritas Diocesana de Tui-Vigo creouse un proxecto específico de Necesidades Básicas, integrado no programa de acollida da nosa Cáritas, e dentro do programa rexional das Cáritas Galegas, onde se acolle, informa e asesora  as persoas en situación ou risco de pobreza e exclusión, así como cubrir necesidades básicas urxentes, principalmente en materia de provisión de alimentación, vestiario, hixiene, equipamento do fogar, vivenda, así como achegas económicas e outros recursos destinados a cubrir necesidades básicas das persoas en situación ou risco de exclusión social. Todas estas accións realízanse dende una perspectiva integral e comunitaria, e tendo en conta as súas posibilidades de promoción e inserción social, por iso, a grande maioría das axudas de alimentación, hixiene e roupa nos servizos de acollida fíxose mediante a entrega de vales ou tarxetas.

De este xeito, colaboramos coa Estratexia de inclusión Social 2014-2020 da Xunta, na loita contra a desigualdade social en Galicia, prestando unha atención social continuada e individualizada, preto das persoas e do seu entorno, realizando un acompañamento de carácter social e individualizada, preto das persoas e do seu entorno, realizando acompañamento de carácter social e educativo, e facilitando canles para a súa promoción e autonomía.

Todo isto é posible levalo a cabo grazas a un equipo de traballadoras sociais contratadas e a persoas voluntarias con experiencia, que traballan de xeito gratuito e desinteresado, principalmente dende dende os servizos de acollida das Cáritas parroquiais e outros dispositivos ao longo da diocese.

Grazas a subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, cargo á asignación tributaria do 0.7% do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, puidemos seguir traballando na atención ás persoas e familias en risco de exclusión social que precisan deste tipo de cobertura de necesidades básicas.