Noticia15/12/2020

Finaliza a primeira fase dos proxectos de A Carón e Mesturas

A primeira fase destes proxectos foi xustificada o pasado 2 de decembro, dando comezo ó segundo periodo da subvención de inclusión social da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo que cofinancian A Carón e Mesturas.

O pasado 2 de finalizou a primeira fase da convocatoria 2020-2022 da Subvención de Inclusión Social da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo. Neste primeiro período Cáritas Diocesana de Tui-Vigo xustificou os proxectos A Carón e Mestura.

No proxecto de A carón, destinado á inclusión básica de cidadáns de nacionalidade española, rexistráronse un total de 17 persoas beneficiarias, das cales 10 delas foron atendidas cun mínimo de 6 intervencións. A subvención concedida ascende a 15.908,80€.

No proxecto Mesturas, para cidadáns con nacionalidade estranxeira, rexistráronse tamén un total de 17 persoas beneficiarias, das cales 10 delas foron atendidas cun mínimo de 6 intervencións. A subvención concedida ascende a 15.908,80€

Nesta primeira fase impartíronse dous Obradoiros de Presentación e Información onde se facilitou información sobre a nosa entidade, as liñas principais de traballo, os diferentes  Programas e Servizos que a compoñen e sobre a metodoloxía empregada. Tamén se presentaron os proxectos de “A Carón” e “Mesturas” ante un total de 22 asistentes que formarán parte dos mesmos.

Obradoiros de Presentación e Información de A Carón e Mesturas

A avaliación xeral desta primeira fase é positiva, destacando principalmente a boa acollida das sesións en grupo e o peche dalgúns dos itinerarios  debido á consecución dos obxectivos marcados por parte do participante: o acceso ó mercado laboral.

Comeza agora a segunda fase que abarcará desde o 1 de Decembro de 2020 ata o 30 de Novembro do 2021 e contará coa participación de 40 persoas en cada un dos proxectos. A contía, neste segundo período, ascende a un total de 38.163,36€ por proxecto e estará financiada nun nun 80% polo Fondo Social Europeo no Programa Operativo de Galicia 2014-2020, con encaixe no Obxectivo Temático 9: Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación. Prioridade de Investimento; 9.1 A inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de encontrar un emprego. Obxectivo Específico; 9.1.1 Mellorar a inserción socio-laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción. Bases establecidas na Orde do 04 de maio do 2020, DOG núm. 90 do 11/05/2020.