Acción social24/06/2021

Jose Ángel Iglesias: «As persoas voluntarias son o centro das nosas accións. Sen elas, Cáritas perdería a súa esencia»

O técnico do programa de Animación Comunitaria cóntanos en qué consiste o programa e os novos retos que teñen para o 2021.

José Ángel é un dos técnicos que forma parte do Programa de Animación Comunitaria, Voluntariado e Acción no Territorio de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo. Comezou a súas andainas na entidade fai nada menos que 16 anos e, actualmente  xunto con outra compañeira e co Delegado Episcopal de Acción Caritativa e Social que coordina dito programa, leva a cabo os proxectos de formación, información,acompañamento e asesoramento dos equipos voluntarios tanto na Cáritas Diocesana como nas Cáritas Parroquiais.

¿En qué consiste o Programa de Animación Comunitaria?

É o departamento que leva a cabo os proxectos de formación, información, acompañamento e asesoramento dos equipos de voluntariado, tanto en Cáritas Diocesana como nas Cáritas Parroquiais. As nosas pretensións son, por un lado,  as de fortalecer a rede de Cáritas na nosa Diocese e, por outro, sensibilizar a sociedade en xeral e a comunidade cristiá en particular para acadar a transformación social e a construción dun mundo máis xusto.

¿Cal é o eixe do funcionamento del programa?

O eixe central é a formación, pero creo este non é o alicerce tan só do noso programa, senón de Cáritas a nivel xeral, xa que se non contásemos cunha rede de axentes formados, non poderíamos facer unha atención de calidade ó servizo dos máis necesitados da nosa Diocese.

¿Quen son los maiores beneficiarios das actividades e actuacións que levades a cabo?

 O centro das nosas accións son as persoas voluntarias. Está claro que sen o voluntariado Cáritas perdería a súa esencia, xa que somos un organismo principalmente constituído por voluntarios e voluntarias. Nestes momentos contamos cuns 550 voluntarios, destes uns 246 están en zonas rurais e semirurais. Sen embargo,  beneficiarios últimos son as persoas que acoden os nosos servizos de Cáritas, tanto na sede coma nas Cáritas Parroquiais. De aí a importancia de cubrir o maior territorio posible da nosa Diocese.

¿Cómo evolucionou o programa de Acción Comunitaria ó longo destes anos?

A verdade é que a liña na que demos grandes pasos foi no fortalecemento da rede de Cáritas. Aumentouse a presenza de Cáritas nas comunidades parroquiais e especialmente de ámbito rural. Persoalmente considero que foi un dos grandes obxectivos acadados,  pero no que temos que seguir traballando. Así no lo pide o noso Bispo D. Luís, e de aí que sexa un dos obxectivos do Plan de Pastoral para este curso. 

¿Cómo se viviu dende o programa a chegada do COVID-19? ¿Qué cambios se fixeron para adaptarvos a nova normalidade?  

A verdade e que si nos afectou en canto as actividades formativas presenciais e tivémonos que ir adaptando a nova situación. Perdemos os encontros interpersoais con algúns equipos nos que comezaramos proxectos formativos.

Dende o programa puxémonos a disposición das parroquias, reforzamos a utilización de medios, como o whatsapp ou o correo electrónico que xa utilizabamos antes, pero que tivemos que incrementar o seu uso,  co obxectivo de non perder contacto e que os axentes non estivesen desinformados, e que as familias atendidas dende os equipos de Acollida das Cáritas Parroquiais tivesen a mellor reposta posible. Tivemos que manter a máxima coordinación posible e abastecer os equipos cos medios necesarios para levar a cabo un bo servizo nestes momentos tan caóticos que estamos a vivir.  

¿Cómo se prevé o próximo ano? ¿Qué novos retos se plantexa o programa para o 2022?

A verdade e que os novos retos están marcados polo incertidume, pero dende Cáritas Diocesana de Tui-Vigo procuraremos estar a altura dos momentos que nos toca vivir e poder adaptarnos da mellor forma posible para que Cáritas se poida facer presente no maior número de parroquias, especialmente no ámbito rural, que polas súas características e tamén polas necesidades existentes xa antes da pandemia, pódense ver incrementadas (illamento, soidade, nula inversión, falta de recursos públicos, situacións de carencia e necesidade…).

Cáritas Diocesana de Tui-Vigo leva varios anos traballando polo noso rural, pondo a disposición persoal técnico, recursos materiais e económicos, investindo recursos propios e optando a subvencións e axudas de Cáritas Española e da Xunta de Galicia (IRPF). É nesta última e baixo o proxecto EDACFO I (Equipo de Animación Comunitaria e Formación), xunto con Cáritas Diocesana de Santiago, que optamos a unha partida investida en actividades formativas no territorio rural.