Agenda

III Xornada «O mundo que queremos»

Participamos neste encontro para seguir constuindo un mundo máis xusto

O Mundo que Queremos

19 de setembro | Vigo

Cáritas Tui-Vigo participará en “O Mundo que Queremos”, unha xornada aberta a toda a familia que nace co obxectivo de promover unha sociedade máis solidaria, inclusiva e sostible, comprometida coa igualdade, a cooperación, a xustiza social e a defensa dos dereitos humanos.

Ao longo da xornada haberá xogos, música, obradoiros e diferentes actividades pensadas para todos os públicos, creando un espazo de encontro, participación e sensibilización arredor dos valores que nos axudan a construír un mundo mellor.

Desde Cáritas sumámonos a esta iniciativa para compartir, participar e seguir construíndo entre todas e todos o mundo que queremos.

📍 CC Vialia Estación de Vigo – Zona Vigo Exporta, planta baixa
🕦 11:30–14:00 h e 16:30–20:00 h