Agenda

Círculo de Silencio, Vigo: Xornada Mundial polo Traballo Decente 2026

Baixo o lema “Terra, teito e traballo”, gardaremos uns minutos de silencio como xesto de solidariedade e denuncia ante as situacións de precariedade, desigualdade e falta de oportunidades que afectan a tantas persoas.

Círculo de Silencio – Xornada Mundial polo Traballo Decente 2026

📅 Data: 7 de outubro de 2026
🕗 Hora: 20:00 h
📍 Lugar: Farola de Urzáiz, Vigo

TERRA, TEITO E TRABALLO

Con motivo da Xornada Mundial polo Traballo Decente 2026, o Círculo de Silencio de Vigo convídanos a participar nun acto de sensibilización e compromiso coa dignidade das persoas e o dereito a un traballo decente.

Baixo o lema “Terra, teito e traballo”, gardaremos uns minutos de silencio como xesto de solidariedade e denuncia ante as situacións de precariedade, desigualdade e falta de oportunidades que afectan a tantas persoas.

Durante o acto realizaremos un xesto simbólico coa entrega de chaves, como expresión do dereito a ter un fogar, un lugar onde vivir e unhas condicións de vida e traballo dignas.

Únete ao Círculo de Silencio e reivindica connosco un mundo no que todas as persoas teñan acceso a terra, teito e traballo digno.