Agenda

Camiño de Santiago: 3ª etapa, Pontevedra – Caldas de Rei

Preparamos as mochilas, as botas e as ganas de camiñar!

3ª Etapa do Camiño de Santiago

Pontevedra – Caldas de Reis | 3 de outubro

Poñémonos de novo en camiño coa nosa 3ª etapa do Camiño de Santiago, unha xornada para compartir, camiñar e gozar xuntos desta experiencia.

🚌 Saída: ás 8:00 h en autobús desde a sede de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, na avda. García Barbón 104, Vigo, con destino a Pontevedra.

🥾 Desde alí comezaremos a nosa ruta a pé ata Caldas de Reis.

🤝 Unha nova etapa para seguir avanzando xuntos, acompañándonos e gozando do Camiño.

Para asistir, é imprescindible inscribirse neste formulario.

Preparamos as mochilas, as botas e as ganas de camiñar!

Vémonos no Camiño! ❤️