A celebración, en pleno impacto social e sanitario da pandemia, do Día das Persoas Sen Fogar, que se convoca o 25 de outubro, alumeou a realidade de moitas persoas sen fogar ou persoas que viven en infravivendas, lugares pouco salubres e dignos para poder vivir con certa seguridade e para os que supón unha utopía poder adoptar as medidas de prevención decretadas polas administracións
Neste escenario de extrema vulnerabilidade destas persoas ante o virus, as entidades que impulsan a Campaña de Persoas Sen Fogar - Cáritas, Faciam (Federación de Asociacións e Centros de Axuda a Marxinados), XaPSLL (Xarxa d'Atenció a Persones Sense Llar de Barcelona) y besteBI (Plataforma pola Exclusión Residencial e a favor das Persoas Sen Fogar de Bilbao) elixiron unha mensaxe de impacto para denunciar esta situación
“Non ter casa MATA”
Co contundente lema “NON TER CASA MATA”, quérese chamar a atención dos poderes públicos e da cidadanía sobre os efectos que a falta de vivenda adecuada supón para milleiros de persoas e familias no noso pais, onde se estima que preto de 800.000 fogares e 2,1 millóns de persoas sofren situacións de inseguridade na vivenda (VIII Informe Foessa sobre Exclusión y Desarrollo Social en España).
Nun contexto no que “a vivenda convertíuse na primeira liña de defensa fronte ao coroavirus”, como sinala Leilani Farha, relatora da ONU para unha vivenda adecuada, as medidas dirixidas á poboación para afrontar o coroavirus, como aumentar a hixiene, quedarse na casa ou o distanciamento social estrito, non son realistas nin posibles para as persoas que viven na rúa
A crise da covid 19 arroxa datos que indican que nos atopamos ante unha grave crise económica, sanitaria e social onde as persoas sen fogar son un grupo especialmente vulnerable.
A pandemia deixou ao descuberto unha realidade social que xa existía. Fíxose visible para a sociedade a situación de persoas en situación de rúa, persoas sen vivenda onde poder confinarse, persoas en vivendas inadecuadas sen os medios necesarios para confinarse con seguridade, ou persoas en albergues temporais.
Coa nova normalidade as persoas sen fogar seguen estando á cola no acceso ao exercicio de dereitos como a sanidade, a vivenda, a protección social… sendo a fenda dixital unha das barreiras máis importantes para o exercicio dos dereitos fundamentais.
Institucións como Caritas tivemos que adaptarnos para dar respostas adecuadas a este novo contexto.
Un dos retos que temos por diante é rachar coa fenda dixital. A realidade actual esixe contar con competencias dixitais e cos medios materiais precisos (ordenador e/ou móbil) para poder xestionar unha cita ou tramitar unha prestación social (empadroamento, rexistro, vida laboral,…etc)
Esta barreira dixital tamén existe para facer uso do sistema público de saúde, quen obriga a contar con telefonía móvil para poder recibir unha consulta médica, material do que en moitos casos non dispoñen as persoas sen fogar deixándoos fóra do sistema de consultas actual.
O apoio a tramitación do Ingreso Mínimo Vital foi unha das grandes demandas neste período, tramitar esta prestación básica para persoas sen recursos supuxo unha sobrecarga as entidades sociais, as oficinas da Seguridade Social trala a súa reapertura colapsaronse é resultou case imposible conseguir unha cita presencial, polo que a vía mas inmediata para a xestión da solicitude foi a vía telemática.
Facilitar o acceso e a formación no uso das TICS coverteuse nunha prioridade no noso centro, coa realización de cursos de alfabetización dixital dirixido a persoas sen fogar e facilitando o acceso aos medios telemáticos co servizo de punto net.
Dende Caritas intentamos estar en todo momento ao carón das persoas sen fogar. Así , o noso Centro de Día de Inclusión Social “Gabriel Vázquez Seijas” continúa coa prestación do 100% dos servizos dende o inicio da crise da Covid a mediados de marzo do 2020. Durante ano 2020, un total de 177 persoas sen fogar pasaron por algún dos servizos do Centro.
Cumprir coa nova normativa en seguridade e distanciamento social levounos a reconfigurar os espazos no noso centro: redución de aforo, ampliación de horarios nos servizos, adquisición de novos materiais, entrega de materiais de protección ás persoas participantes, …
Servizos como o de duchas e lavandería seguen a ser servizos cunha alta demanda. Garantir os medios para unha correcta hixiene é imprescindible nestes tempos de pandemia.
Coa nova normalidade se retomaron as actividades grupais, os talleres como ioga ou de competencia matemática pero tiveron que facerse cun aforo máis limitado e con todas as medidas de prevención e hixiene requeridas pola situación actual. Así mesmo creáronse novas actividades, como as clases de competencia lingüística.
Neste tempo de pandemia é imprescindible seguir acompañando as persoas máis vulnerables como son as persoas en situación de sen fogar. En Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol preténdemos seguir dando cobertura dende unha perspectiva integradora mediante accións socioeducativas que den resposta a satisfacción de necesidades básicas e a recuperación e inserción social a través de plans de acompañamento e actividades grupais
Demandas
Xunto a estas propostas, no marco da Campaña de Persoas Sen Fogar, demándase das administracións públicas que garantan unha vida digna para todas as persoas, lembrando que a vivenda é a primeira barreira de protección para preservar a saúde, a vida e a dignidade. Ao mesmo tempo, faise un chamamento á sensibilidade e veracidade dos medios de comunicación á hora de informar sobre a situación real na que viven as persoas sen fogar
Ao conxunto da sociedade, as entidades convocantes da xornada invitan a promover e participar en espazos de traballo en rede con outras entidades sociais, así como velar por un sistema de protección social forte que facilite os procesos de inclusión, ademais de “avanzar hacia unha sociedade dos coidados na que como comunidade recuperemos como valor principal a solidaridade, a xustiza e a empatía”