Cerrar
  Noticias

Noticias

 
"NAIDE SEN FOGAR. DI BASTA". CAMPAÑA PERSOAS SEN FOGAR
 27/10/2019
Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol celebrou a Campaña de "Persoas Sen Fogar" con diversos actos, entre eles unha rolda de prensa e un xexto público cun percorrido polas rúas de Ferrol, con remate no Cantón de Molins, onde se leu o Manifesto oficial da campaña e se interpretou un tema de rap polo alumnado do colexio Cristo Rey de Ferrol

Este ano 2019 cúmprense 27 anos desde que Cáritas comezou a celebración da campaña de “Persoas Sen Fogar”, sempre co obxectivo último de que toda persoa viva con dignidade nun fogar propio, en paz e de xeito permanente. Seguimos apostando pola centralidade das persoas en "situación de sen fogar"

Iníciase este ano un novo periodo de campaña (trienio 2019-2021), mantendo a interpelación á sociedade que xa se incorporou na campaña anterior: “E ti, ?qué dis?. Di basta. Naide Sen Fogar”

Seguimos inmersos nunha sociedade e nun sistema que deixa fora ás persoas máis vulnerables, e debemos seguir dicindo “¡basta!”. Segundo o Informe FOESSA case 800.000 fogares e 2,1 millóns de persoas sofren situacións de inseguridade na vivenda. En Galicia, a dimensión da vivenda pasou a ocupar o primeiro lugar como causa xeradora de exclusión social

Temos que lembrar que “vivir sen fogar é moito máis que estar sen teito”. Naide sen fogar quere dicir: naide sen acceso aos dereitos humanos, naide sen rede, naide sen afecto, naide sen dignidade, …

O cartel da campaña deste ano leva por título “Ponlle cara”, sendo imprescindible saber que falamos da situación que viven persoas concretas, con faciana, nome e apelidos. É unha c ampaña en primeira persoa. Hai que mirar ao senfogarismo de fronte e visibilizalo, ponéndolle cara. Neste novo trienio insístise en que “Naide Sen Fogar” é posible, facendo fincapé este ano na PREVENCIÓN, a través dunha intervención temprana en situacións de ruptura familiar, asegurar un aloxamento tras a saída dunha institucións ou a expulsión da vivenda, sendo necesario activar os recursos necesarios que eviten que dita situación se consolide, reducindo a súa duración e as súas formas máis severas

Cáritas leva traballado con e para as persoas sen fogar dende o ano 1996, coa posta en marcha do  programa Dentro-Fora.
Co paso dos anos, a experiencia adquirida, e o cambio social e de perfil, Dentro-Fora foi incorporando novos servizos aos ofrecidos inicialmente.

Na actualidade o programa conta con 4 pisos de Tránsito á Vida Autónoma no Concello de Narón cun total de 12 prazas, e cun centro de día de inclusión social no Concello de Ferrol.  Os 5 centros contan coa pertinente autorización da Xunta de Galicia.

Dende a inauguración do noso centro hai dous anos, detectamos que a situación das personas sen fogar non  está a mellorar; sendo chamativo o  aumento diario de persoas que acuden ao noso centro. En anos anteriores a media diaria de persoas atendidas situábase en torno ás 50 persoas; neste mes de outubro estamos falando dunha media de 80 persoas diarias

Este aumento débese a que moitas persoas desprázanse a Ferrol, motivados polos tempos de estancia no albergue (superiores a outros albergues da comunidade), polos baixos prezos do aluguer e para incorporarse ao mercado laboral. Pero a realidade é outra pois o acceso a vivenda é complicado pola disponibilidade de vivenda e os requisitos de aluguer. Ademais, Ferrol é a  cidade galega con maior tasa de desemprego.

O centro de inclusión, como porta de entrada aos diferentes servizos de Cáritas, ofrécenos datos para coñecer cal é a realidade das persoas sen fogar.

Cando falamos de persoas sen fogar podemos falar de tanta situacións diferentes como persoas hai que as sufren. Persoas sen fogar cronificadas nas rúas ou con formas de vida itinerante, inmigrantes recentemente chegados e sen recursos nin vínculos, traballadores que perden o seu emprego e sen prestación, persoas con enfermidade mental, ou con adiccións, …

O factor común é a exclusión residencial, o non poder acceder ou manter unha vivenda digna pola pérdida de rede de apoio social e familiar que desemboca en soidade, aillamento, deterioro….

As persoas sen fogar representan a cara máis extrema da pobreza, sobre eles recaen un conxunto de connotacións negativas ( perigosidade, ociosidade, alcoholismo,..). Temos que cambiar a mirada, e entender a  súa situación como una vulneración de Dereitos Humanos.

O recente Estudo SenFogarismo de Galicia (2017), fala de que existen en Galicia 1.263 persoas en situación de sen fogar, habendo un ratio de 3 persoas sen fogar por cada 10.000 habitantes

Dito estudo constata que a intensidade do “senfogarismo” é maior no medio urbano, e sinala como dato relevante as situacións cronificadas cun tempo de permanencia en situación de exclusión residencial de máis de tres anos.

Ante a pregunta de que fai Cáritas Mondoñedo Ferrol para dar unha resposta axustada as Persoas sen fogar en Ferrol, dicir que dende o programa Dentro-Fora prétendese dar cobertura ás persoas sen fogar dende unha perspectiva integradora mediante accións educativas que dean resposta a dous grandes áreas de actuación:
- a satisfacción de necesidades básicas: almorzos, merendas, servizo de ducha, servizo de lavandería.
- a recuperación e inserción social: a través de plans de acompañamento que parten de poñer a persoa no centro, e no que se teñen en conta as súas necesidades, capacidades, e dificultades. Acompañamento que inclúen actividades grupais como competencia matemática, ioga, alfabetización dixital, … para favorecer la motivación compartida.

Para avanzar cara a procesos integradores coas persoas é imprescindible a súa participación. Participación entendida como dereito, como ferramenta, como necesidade, como elemento de dignidade, como posibilidade ...

A participación empodera ás persoas para que tomen parte nas decisións e accións que afectan ás súas vidas. O empoderamiento significa facilitar que os individuos reclamen os seus dereitos e alcancen o seu potencial e aspiracións, expresando a súa opinión a través de asembleas, e participando na xestión de servizos.

Neste senso no noso centro colaboran como persoas voluntarias, participantes que están sendo acompañadas e no seu proceso é interesante que colabore na prestación dalgún servizo e que a súa vez poidan servir de enlace para chegar a outras persoas en exclusión social severa (peer worker)

O noso centro é un recurso moi demandado xa que se suscita como unha alternativa á rúa, consolidase como un lugar de encontro, un lugar de interacción e comunicación, que facilita relacións e xera un sentido de pertenza.

O desenvolvemento do programa non sería posible sen a labor dos voluntarios e das voluntarias. Actualmente colaboran no programa 71 persoas voluntarias, persoas que se encargan da xestión dos diferentes servizos do centro: servizo de cafetería, servizo de duchas, servizo de lavandería. O noso voluntariado é valioso e comprometido.

personas sin hogar  cáritas diocesana  mondoñedo-ferrol 
MATERIAL DESCARGABLE
"NAIDE SEN FOGAR. DI BASTA". CAMPAÑA PERSOAS SEN FOGAR
Manifiesto de la Campan~a 2019.pdf

Descargar
OTRAS NOTICIAS RELACIONADAS
19/10/2020
25 de octubre, Día de las Personas Sin Hogar: Cáritas denuncia que «no tener casa mata»
Personas Sin Hogar  Campaña  Infravivienda  Inseguridad  Covid-19 
22/12/2019
Excelente coordinación de entidades sociales de Ferrol que pertenecen a la plataforma de Personas Sin Hogar ante la alerta roja de temporal
concello de ferrol  personas sin hogar  cáritas diocesana  mondoñedo-ferrol  cocina erconómica  albergue pardo de atín 
BUSCAR NOTICIAS
   
   

memoria
EL INFORME FOESSA 2013 MUESTRA UNA SOCIEDAD FRACTURADA A CAUSA DEL SEVERO AUMENTO DE LA DESIGUALDAD
LA RED DE ACOGIDA DE CÁRITAS CONSTATA UN AUMENTO DE LA POBREZA, LA DESIGUALDAD Y LA INJUSTICIA SOCIAL
LOS PROGRAMAS DE EMPLEO DE CÁRITAS ACOMPAÑARON EN 2011 A MÁS DE 80.000 PERSONAS EN TODA ESPAÑA, DE LAS QUE 13.148 CONSIGUIERON UN PUESTO DE TRABAJO

TAGS
Acogida Ayuda Campaña caritas Cáritas Derechos Derechos Humanos Emergencia Empleo Encuentro ferrol Ferrol Formación Inmigración Migración Mondoñedo Pobreza Sin Hogar Solidaridad Voluntariado
Campaña IRPF Doble X
Logotipo
Logotipo
ACCESO PARA DONANTES
   
La olvidé
   
 
   
   
COLABORA
Alternativo 
Desde un trabajo de cercanía nos sentimos obligados a hacer presente el mundo de los pobres y excluidos.
Soy solidario y quiero ...
 
  recordamos que los primeros 150€ donados (en el conjunto de sus donativos realizados como contribuyente en el año fiscal) desgravarían un 75% en 2016*.
 
Además, si las donaciones realizadas en 2017 a Cáritas Española son iguales o superiores a las donaciones efectuadas en los tres años anteriores, la desgravación será de un 35% para las cantidades donadas que superen los 150€*.
 
(*) Excepto País Vasco y Navarra.

Folleto Reforma Fiscal


Preguntas y respuestas Reforma Fiscal
PUBLICACIONES
 
 
Info: Enlaces: Financiadores Públicos Colaboran:
FAQ | Mapa Web | Contacto |
Seguridad | Accesibilidad
  Cáritas Española
Obispado Mondoñedo-Ferrol

 
Fondo Social Europeo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad xunta de galicia conselleria de politica social Diputación Da Coruña Asuntos Sociales
 
Plan Avanza Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Accesibilidad xhtml css AA Confederación Cáritas Española Copyright 2009