Cáritas denuncia que “non ter casa mata”
Coa nova normalidade as persoas sen fogar seguen estando á cola no acceso ao exercicio de dereitos como a sanidade, a vivenda, a protección social … sendo a fenda dixital unha das barreiras máis importantes para o exercicio dos dereitos fundamentais
Durante o ano 2020, un total de 177 persoas sen fogar pasaron por algún dos servizos do Centro de Día de Inclusión Social “Gabriel Vázquez Seijas” de Ferrol