Noticia14/04/2022

Inicio do Curso de Alfabetización Dixital en Ferrol

O 4 de abril comezou o Curso de Alfabetización Dixital en Ferrol, financiado pola Consellería de Politica Social (Dirección Xeral de Inclusión Social)

O 4 de abril comezou o Curso de Alfabetización Dixital en Ferrol, financiado pola Consellería de Politica Social (Dirección Xeral de Inclusión Social), ao abeiro da Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións plurianuais a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social. Cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) «O FSE inviste no teu futuro» no marco do Programa Operativo FSE de Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”, cunha taxa de cofinanciamento do 80%”

Comezaron oito alumnos, sete homes e unha muller,  todos eles participantes do «Centro de Día de Inclusión Social Gabriel Vázquez Seijas”. O curso rematará o vindeiro 26 de maio de 2022.