01/10/2022

Dia internacional das Persoas de Idade

O día 1 de Outubro celébrase o día das Persoas de Idade. Dende Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol queremos ter unha lembranza garimosa hacia tódalas persoas que nos axudan coa súa experiencia de vida a poñer en valor todo o que somos, o que sentimos e, o que facemos de xeito cotiá para lograr o ben común.

O día 1 de Outubro celébrase o día das Persoas de Idade.

Dende Cáritas diocesana de Mondoñedo-Ferrol queremos ter unha lembranza garimosa hacia tódalas persoas que nos axudan coa súa experiencia de vida a poñer en valor todo o que somos, o que sentimos e o  que facemos de xeito cotiá para lograr o ben común. Sin grandes pretensións, senón con pequenos xestos que conforman benestar para as persoas coas que compartimos vida. Non só, cos que están máis perto de nós, senón tamén con todos aqueles que forman parte da TERRA, que nos pertence a todas e todos.

Dí o Papa Francisco na Mensaxe para a II Xornada Mundial dos Avós e dos Maiores:

“El mundo vive un tiempo de dura prueba, marcado primero por la inesperada y furiosa pandemia y luego, por una guerra que afecta a la paz y el desarrollo a escala mundial. Frente a todo ésto, necesitamos un cambio profundo que desmilitarice los corazones, permitiendo que cada uno reconozca en el otro a un hermano.

Debemos vigilar sobre nosotros mismos y aprender a llevar una ancianidad activa. Junto a la relación con Dios, las relaciones con los demás, sobre todo con la familia, los hijos, los nietos a los que podemos ofrecer nuestro afecto; pero también con las personas pobres y afligidas, a las que podemos ofrecer nuestra ayuda concreta y nuestra oración. Todo esto nos ayudará a no sentirnos meros espectadores en el teatro del mundo, a no limitarnos a “balconear”.

Hay una nueva misión que nos espera y nos invita a dirigir la mirada hacia el futuro. Es nuestro aporte a la revolución de la ternura, una revolución espiritual y pacífica a la que los invito a ustedes, queridos abuelos, abuelas, personas mayores, a ser protagonistas”.

Seguindo algunha das propostas de Francisco, o noso obxectivo principal, dende o programa CON-VIVINDO de Cáritas , é acompañar as persoas en situación de soedade non desexada, proporcionando acompañamento e espazos de encontro para que sintan que forman parte da comunidade, que teñen potencialidades que ofrecer á sociedade e que teñen acceso a DEREITOS que están ao seu servizo.

Para elo, foron ofrecéndose en distintos puntos da Diócese, espazos de encontro, de formación e de lecer. Tamén acompañamentos no seus domicilios e/ou saídas á rúa para pasear, facer pequenas xestións, voltar ás actividades que estaban levando a cabo antes da pandemia, etc.

Está claro que, para todas e todos, a pandemia do COVID-19 provocou un deterioro importante en moitas persoas de Idade, tanto no físico como no emocional.

Nós, a través do noso motivado voluntariado, ao que lle ofrecemos formación para que a súa tarefa sexa o máis eficaz posible, tentamos servir de canle para que tódalas persoas que demanden ese acompañamento o poidan recibir. Estamos moi agradecidas por toda a labor que fan sin moito ruido (só nos momentos de festa, claro….) e a disponibilidade mostrada para facerllo máis doado á persoa acompañada.

Queremos seguir facendo camiño, e por iso estamos organizando, xunto cos compañeiros/as das Cáritas parroquiais e Unidades Pastorais, as actividades para o curso 2022/2023. Son pequenos retos , adaptados a realidade e cun claro sentido participativo.